Axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C

Convoca: Consellería de Política Social da Xunta de Galicia

Solicitudes ata o 13/09/2021

  • Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do Sistema nacional de garantía xuvenil.
  • Estar empadroadas en Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
  • Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
  • Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1.1.2021 e o 30.11.2021
  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento BS321A)

Axudas:

  • 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B.
  • 650 euros para o permiso de clase C.

Se o orzamento previsto non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. No momento en que se esgote o crédito orzamentario, a Consellería de Política Social publicarao no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de xuventude. A partir dese momento non se admitirán novas solicitudes.

Publicación: DOG 13/08/2021

Información:

Consellería de Política Social. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Edificio Administrativo San Lázaro s/n. 15781 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 99 93 14, 881 99 91 94

Email: xuventude.programas@xunta.gal 

Xefatura Territorial de Vigo. Consellería de Política Social. Servizo de Xuventude e Voluntariado

Praza da Estrela s/n 1º andar-36201 Vigo

Teléfonos: 986 81 70 78, 986 81 70 79

Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal