Formación de Participación comunitaria e perspectiva de xénero para mulleres

Organiza :Escola de Tempo Libre Xaruma

Esta formación pretende por o foco na importancia da participación comunitaria para a transformación da sociedade, xerando un lugar de reflexión e creación cooperativo e coidadoso. Un espazo para crear vínculos interpersoais positivos entre mulleres, adquirir ferramentas de autoconfianza e empoderamento persoal e grupal; un lugar de expresión e comunicación onde a perspectiva de xénero guiará o transcurso dos encontros.

Contidos:

  • O que non se nomea non existe: no que se reflexionará arredor da invisibilización das mulleres no discurso e de como podemos resignificar os relatos das vidas das mulleres.
  • Como nos relacionamos?: no que falaremos do sistema patriarcal que sostén a sociedade e de como podemos romper coas relacións de poder dende o noso cotiá, fomentando vínculos horizontais, respectuosos e igualitarios.
  • Cartografías feministas: analizaremos o espazo como lugar de socialización e de violencias e afondaremos na dicotomía público/privado para tratar de deconstruír os estereotipos de xénero que agochan eses espazos.
  • Interseccionalidade: reflexionaremos sobre as diferentes opresións que atravesan a vida das mulleres (por cuestións como o xénero, a raza, a clase social, a diversidade funcional, a súa orientación sexual, o seu sufrimento psíquico…), aprendendo a identificalas e posteriormente a artellar ferramentas de concienciación social para, de xeito colectivo tratar de erradicalas.
  • Memoria e xénero: camiñaremos pola liña cronolóxica da historia do feminismo, realizaremos un percorrido pola nosa xenealoxía en clave de xénero, e rescataremos memorias esquecidas, de reivindicacións, loitas e empoderamento feminino, poñendo en valor a contribución das mulleres á sociedade.
  • Participación para a transformación social: indagaremos na importancia da participación comunitaria como metodoloxía para construír unha sociedade na que agromen valores coma a cooperación, a xustiza social, o feminismo, a coeducación, o valorización da diversidade, a solidaridade e o apoio mutuo.

Obradoiro dirixido a mulleres

Datas: martes 21 e 28 e xoves 23 e 30 de setembro e martes 5 e 19 e xoves 7 e 14 de outubro; en horario de 17:30 a 20:00h.

Formación sen custe para as persoas participantes. Actividade subvencionada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.

Información e Inscrición: https://xaruma.org/obradoiro-de-participacion-comunitaria-e-perspectiva-de-xenero/