Xeración Sónica 2021/22

Xeración Sónica é unha iniciativa de titorización de proxectos artísticos musicais e audiovisuais, impulsada pola Concellaría de Xuventude e que ten un carácter educativo, cultural e artístico, empregando a música como elemento de cohesión social e de inclusión.

Mozas e mozos aprenderán a organizar as súas ideas e a crear en grupo para amosar as súas propostas artísticas á comunidade da que forman parte. Ao remate do curso terá lugar a gravación dun disco e dunha serie de vídeos e concertos como resultado do proceso creativo.

Abrimos un novo curso de Xeración Sónica con maior número de prazas (30) e o número de proxectos artísticos a titorizar en  6 equipos de traballo.

IDADES: entre os 13 e 16 anos

LUGAR: Local de Música de Pontevedra

HORARIO: varios horarios de tarde

DATAS: os xoves, desde o 15 outubro de 2021 ata xuño de 2022.

PRAZAS: 30

SOLICITUDES: apuntate.pontevedra.gal

do 15 de setembro ao 10 de outubro, ou ata completar prazas