Bolsas Fundación Amancio Ortega para estudar 1º Bacharelato en Canadá e EEUU

A Fundación Amancio Ortega convoca a edición 2022/2023 do seu programa de bolsas dirixido a estudantes de 4º de ESO do sistema educativo español para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou en Estados Unidos, un total de 400 bolsas que se distribuirán da seguinte maneira: 70 para participantes de centros de Galicia e 330 para participantes de centros do resto de España

Solicitudes: do 27/09/2021 ata o 27/10/2021

Requisitos:

  • Estar a cursar 4º de ESO nun centro de ensino de calquera Comunidade ou Cidade Autónoma do territorio español, fóra dos centros docentes privados estranxeiros en España.
  • Realizar os cursos académicos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO conforme ao sistema educativo español e, en todo caso, non gozar dunha experiencia académica igual ou superior a 4 meses nun país distinto da súa residencia habitual, durante algún destes cursos.
  • Nota media de 7 puntos en 3º de ESO.
  • Nota mínima de 7 puntos na materia de inglés en 3º de ESO ou no idioma alternativo, no caso de non cursar a materia de inglés.
  • Cada unha das bolsas inclúe todos os servizos relacionados con cada fase do Programa:
    • – Preparación e Saída
    • – Estancia en Canadá ou Estados Unidos
    • – Regreso á cidade de orixe

https://bolsas.faortega.org

Contacto:

Fundación Amancio Ortega

Tel.: 900 103 651