Curso de Práctica Política: coñece os teus dereitos

Conversa, práctica e revisión da nosa condición de suxeitos políticos. Incrementa a concienciación con respecto a onde se ubica a política e que partes da nosa vida se ven afectadas por esta. 

Cales son as Administracións e competencias que teñen, as diferentes áreas de goberno e cal é o noso papel como cidadanía.

Cales son os intereses reais da mocidade e a resposta política.

Quen lexisla e quen executa e controla?

Que é a “clase política”?

Información e ferramentas anti-fakes

Prazas: 15

Idades: a partir dos 15 anos en adiante

Modalidade:  presencial.

Duración: 8 horas

Datas: venres 26 e sábado 27 de novembro

Horario: venres de 16:00-20:00 e sábado 10:00 a 14:00

Lugar: Casa Azul (rúa Sor Lucía 2)

Inscricións: https://apuntate.pontevedra.gal/curso_de_practica_politica_conece_teus_dereitos/