Plan de formación para persoas voluntarias

Plan de formación para as persoas voluntarias de Galicia coa finalidade de ofrecer opcións de formación dixital en materia de voluntariado no último trimestre deste ano.

O Plan está conformado por 6 cursos en liña, orientados á formación específica en materia de voluntariado nas seguintes áreas: nocións básicas de voluntariado, competencias en materia de voluntariado, lingua de signos, formación en igualdade para prevención e afrontamento da violencia de xénero, voluntariado ambiental e voluntariado dende os centros educativos.

Poderán participar nas accións formativas convocadas as persoas maiores de 16 anos que teñan interese en obter coñecementos especializados en materia de acción voluntaria. 

Os formularios de inscrición están dispoñibles no campus en liña da páxina web de Voluntariado (www.voluntariadogalego.org) .

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata cubrir as prazas ofertadas en cada un deles.