Bolsa Joana Biarnés para mozos e mozas fotoperiodistas

A Fundación Photographic Social Vision convoca Beca Joana Biarnés para apoiar o desenvolvemento profesional de mozos e mozas fotoperiodistas.

Convocatoria aberta ata o 20/12/2021

Duración da bolsa: 9 meses

Requisitos:

  • Maiores de 18 e menores de 35 anos (ambos os dous incluídos).
  • Residencia fiscal en España.
  • O proxecto pode ser individual ou colectivo. Cada participante poderá presentar só unha proposta, sexa de xeito individual ou colectivo. No caso de recepción de propostas realizadas por máis dunha persoa, todas deberán cumprir os requisitos anteriormente indicados.

Dotación :

  • 8.000 euros ao autor/a ou equipo seleccionado para levar a cabo a súa investigación
  • Asesoramento dun/ha titor/a con ampla experiencia docente e profesional.
  • Beca de formación en EFTI-Centro Internacional de Fotografía e Cine, valorada en 3.000 euros.

Información completa na www.photographicsocialvision.org