XXXVII Premio de Poesía Hiperión

Edicións Hiperión convoca o XXXVII Premio de Poesía Hiperión, no que poderán participar autores/as de ata 35 anos de idade.

Os orixinais presentados deberán estar escritos en castelán.

A extensión e o tema dos libros déixanse ao criterio dos autores, que deberán ter en conta as dimensións habituais dos libros de poesía.

Os orixinais presentados deberán ser inéditos.

Prazo de presentación ata o 15 de decembro do 2021.

O libro gañador será publicado na colección de poesía Hiperión nos meses subseguintes e o seu autor percibirá os correspondentes dereitos.

Información : https://www.hiperion.com/premio-de-poesia-hiperion/