Convoca: Departamento Confederal de Mocidade-USO
Os vídeos formarán parte da campaña do sindicato para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Os curtos presentados versarán sobre temas relacionados con micromachismos, feminismo, teito de cristal, igualdade de oportunidades… ou baixo a idea “A mocidade ante o 8 M”.
As persoas protagonistas do curto deberán ser persoas mozas, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos.
Os vídeos deberán estar en horizontal, formato Full HD para que poidan ser reproducidos en diferentes dispositivos.
A duración do curto non poderá ser superior aos 150 segundos sen incluír os créditos.
Presentación dos curtos ata o 18 de febreiro de 2022
Premio de 500 euros para o gañador ,dous premios de 300 euros para os curtos finalistas e accésits de 200 euros
Informa: https://www.uso.es/juventud-uso-lanza-su-iv-concurso-de-cortos/