Axudas a menores de 30 anos orfas/os por violencia de xénero e axudas ás mulleres feridas por violencia de xénero

Axudas de indemnización económica dirixidas a menores de 30 anos que perderon a súa nai por violencia de xénero e axudas de indemnización económica dirixidas a mulleres gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero. Solicitudes abertas ata o 30/11/2022

  • Axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das mulleres vítimas mortais por violencia de xénero, e que dependesen economicamente da súa nai e/ou do seu pai agresor:
    • Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
    • Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando, na data do falecemento, as persoas beneficiarias non percibisen rendas, de calquera natureza, que, en cómputo anual, superen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.
  • Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero:  
    • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
    • Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
    • Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente, durante os 12 meses anteriores.

Informa:

http://igualdade.xunta.gal/

Consellería de Emprego e Igualdade. Secretaría Xeral da Igualdade

Teléfono 981 54 53 61

Enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.gal

Publicación: DOG 27/12/2021