Bono de Alugueiro Social

O Instituto Galego da Vivenda e Solo ven de convocar as axudas do Programa do bono de alugueiro social para o ano 2022

Estas axudas diríxinse aos seguintes colectivos:

-Persoas desafiuzadas da súa vivenda por non pagamento das rendas.

-Vítimas de violencia de xénero que residan nun recurso de acollida dos integrados na Rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración Pública.

-Propietarias ou usufrutuarias que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridas nelas derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida (incendios, inundacións, etc,).

-Beneficiarias do programa Aluga que desfrutasen na súa totalidade da subvención e lles rematase o período máximo de axuda dentro dos 6 meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención do Programa de bono de alugueiro social.

-Arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS ás que lles finalizase a vixencia do seu contrato a partir do 8 de xaneiro de 2019.

-Aquelas nas que concorran circunstancias de emerxencia social e non acaden o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras, a proposta da comisión de seguimento e coordinación de citado programa.

-Residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sareb, en virtude dos convenios de colaboración asinados co IGVS, que rematasen o seu contrato de arrendamento dentro dos 6 meses anteriores á data de presentación da súa solicitude neste Programa de bono de alugueiro social.

-Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime da tutela.

-Persoas privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento ás entidades financeiras.

O prazo presentación de solicitudes do 3 de xaneiro de 2022 ao 31 de maio de 2022