A revista Elle xunto con IE Business School lanzan a IX edición de “Elle Talent Project” para mocidade emprendedora.
O obxectivo do concurso é premiar o talento e a mellor idea de negocio no mundo da moda, a beleza, o deseño ou a tecnoloxía.
Inscrición aberta ata o 22/02/2022
- Idade: maiores de 18 anos.
- l proxecto de empresa deberá estar relacionado coas áreas de Deseño, Moda, Beleza ou Tecnoloxía.
- Só se poderá presentar un único proxecto de empresa por persoa, aínda que cada proxecto poderá ir asinado por máis dunha persoa. No caso de que o proxecto sexa presentado por un equipo de traballo, é requisito indispensable que polo menos unha das persoas sexa muller. Así mesmo, deberase designar previamente a identidade da persoa que representa ao equipo para os efectos de ser beneficiario/a do premio
A proposta máis innovadora e viable recibirá 25.000 € para levala a cabo e unha bolsa para realizar un Master in Management ou un Programa de Executive Education en IE Business School valorado en ata 37.000€ (a condición de que o gañador cumpra cos requisitos de admisión de IE Business School).
Informa: www.elle.com
Elle Talent Project
R/ Cardeal Herrera Oria 3. 28034- Madrid
correo: comunidad@elle.es