Premios Provinciais á Xuventude e Concurso Reacción polo Clima

Convoca: Deputación de Pontevedra

Inscricións ata o 15 de maio

Os premios buscan estimular e recoñecer o talento, a traxectoria, o esforzo e compromiso da mocidade nas dez categorías do certame: Iniciativa social, iniciativa empresarial, educación en valores, investigación, contido audiovisual, traballos musicais (coas subcategorías de música clásica e outros xéneros), traballo literario breve (con narrativa e poesía), banda deseñada, fotografía orixinal (con serie fotográfica e fotografía) e deseño e moda. En cada unha delas haberá tres premios, cun orzamento total de 32.000 euros.

Estes premios están dirixidos a persoas de 16 a 35 anos, aínda que na categoría de Educación en Valores permitirase a concorrencia de proxectos de centros educativos nos que teñan participado alumnado de entre 12 a 18 anos.

Ata o 15 de maio poderán preinscribirse nestes premios e, posteriormente, abrirase outro prazo para a presentación dos traballos.

Por outra banda o concurso Reacción polo Clima, que chega á terceira edición, ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais, ademais de potenciar o talento da mocidade e amosar as súas reivindicacións. Os galardóns están dotados de 4.000 euros, que se distribúen nun primeiro premio de 2.400 €, un segundo de 1.000 € e un terceiro de 600 €.

Os traballos a presentar deberán realizarse en formato audiovisual, admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou medios de difusión similares (como Instagram, TikTok, YouTube…) e a súa duración máxima é de 2 minutos e medio.

As persoas interesadas poden contactar en caso de dúbidas co Servizo de Cohesión Social e Xuventude cohesionsocialexuventude@depo.gal.