Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas para realizar actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2023.

Solicitudes: ata o 13/03/2023

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade de acordo coas contías establecidas no anexo IV da convocatoria.

Requisitos:

  • Para a cota de reserva:
    • Alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria 2022 das axudas correspondentes á realización das actividades de formación en linguas estranxeiras previstas e non realizadas no ano 2022 e que non gozou destas actividades ao quedar desertos os concursos públicos para o desenvolvemento destes servizos.
  • Para a cota xeral:
    • Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22.
    • Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ESO para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
    • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

Remuneración:

O custo total de cada actividade inclúe:

  • – Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • – Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • – Os gastos de docencia e o material escolar.
  • – As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • – Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • – O certificado de realización da actividade.
  • – O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Informa:

www.edu.xunta.gal/axudasle

Consellería de Cultura, Educación Formación Profesional e Universidades

San Caetano, s/n. (15781 – Santiago de Compostela)

Atención telefónica: 881997426 – 881997419 – 881996395 – 981540287 – 981957537 – 881997497 – 981957538 – 981546544

correo-e: axudasle@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 13/02/2023