Subvencións a entidades de acción voluntaria

Convoca: Consellería de Política Social e Xuventude

Subvencións á entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

Solicitudes: ata o 27/02/2023

Requisitos:

  • Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2023, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro, que estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. Tamén poderán solicitar axudas as entidades privadas non inscritas que, na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, teñan presentada solicitude de inscrición na sección de entidades do Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
  • Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os programas subvencionables no país a través de voluntarios ou voluntarias.
  • Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste…

Dotación: a contía máxima non poderá superar a cantidade de 4.000 € nin o 75% do orzamento total do proxecto presentado.

Informa: www.voluntariadogalego.org

Consellería de Política Social e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Servizo de Voluntariado e Participación 

San Lázaro, s/n. 15781- Santiago de Compostela 

tel.: 981 957 915

e-correo: voluntariado@xunta.gal

Publicación: DOG 26/01/2023