Bolsas para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda.
Estes cursos están becados ao 100%, constan de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído, dirixido a estudantes de Secundaria, Ciclos e Universidade.
Poden consultar toda a información da convocatoria picando nesta ligazón: Bolsas Eurolingua.
- O programa está becado ao 100% e inclúe:
- Programa de 20 clases de inglés semanais.
- Material didáctico.
- Aloxamento en familias seleccionadas e residencia.
- Programa de actividades culturais, visitas e excursións.
- Certificado de aproveitamento do curso expedido polo colexio.
- Teléfono de emerxencias 24hr.
- Non incluido, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
Os requisitos para solicitar a bolsa son:
- Idade mínima 14 años.
- Media académica de polo menos 6 puntos.
- Estar matriculado neste curso nalgún destes estudos: ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou Universidade (masters e doctorados incluidos).
- Ter nacionalidade de calqueira país da UE.
O prazo de solicitude para esta bolsa finaliza o 19 de abril.