Campos de Voluntariado no Extranxeiro

Convoca: Xunta de Galicia

Prazo de inscrición para os campos de voluntariado no estranxeiro ábrese o día 13 de marzo, ás 9:00 h, e manterase aberto ata esgotar as prazas.

As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

cota de participación é de 110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos). Descontos (non acumulables):

  • Carné xove: -25% na cota de participación
  • Carné de familia numerosa: -25% na cota de participación
  • Familia monoparental: -25% na cota de participación. 

A cota aboada para participar nos campos de voluntariado inclúe:

  • Os gastos de manutención, aloxamento e máis os derivados das propias actividades dos campos e o seguro de accidentes e responsabilidade civil.

Non inclúe:

  • Os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade, que correrán a cargo da persoa voluntaria.

Solicitudes: a través deste enlace poderás consultar e solicitar os campos de voluntariado no estranxeiro ata un máximo de 3 opcións por orde de prioridade. 

Unha vez adxudicada a praza recibirás un correo electrónico coa documentación que debes cubrir e asinar, xunto coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación.

O prazo para presentar esta documentación é de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.

Debes dirixir toda a documentación a: camposdetraballo.xuventude@xunta.gal 

Unha vez recibida confirmaremos por correo electrónico a súa recepción e polo tanto a finalización do proceso de inscrición.