X Concurso de fotografía “Cidadanía Europea en Galicia”

Convoca: Europe Direct A Coruña e Europe Direct Lugo baixo o lema “Unha viaxe pola Unión Europea”.

Inscricións: ata o 10/04/2023

  • Poderán participar todas as persoas maiores de idade que sexan residentes en Galicia.
  • Pódese presentar unha ou máis imaxes ou montaxes de imaxes, que deben ser orixinais, únicas e inéditas, deben incluír un elemento que representativo da Unión Europea.
  • As fotografías poderán ser tomadas con cámara dixital, móbil ou outro dispositivo electrónico. A técnica de realización será libre.
  • No caso de que nas fotografías aparezan imaxes que permitan a identificación de persoas, será necesario que a persoa participante no concurso obteña o consentimento das persoas interesadas para a súa publicación.
  • As fotografías deberán enviarse en formato PNG, cunha resolución mínima de 300 píxeles e un tamaño máximo de 400 K, ao correo-e cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com acompañadas do formulario de inscrición dispoñible en www.dacoruna.gal/europedirect (cada participante deberá indicar no formulario de participación o centro Europe Direct ao que presenta a súa fotografía)

Premios:

Cada Europe Direct fará entrega de un 1º e dun 2º premio, que consistirán en:

  • 1.º Premio: 1 Cámara de fotos
  • 2.º Premio: 1 Tablet

Informa:

www.dacoruna.gal/europedirect

Europe Direct A Coruña

Deputación da Coruña.  Avenida Porto da Coruña ,2 (15003 – A Coruña)

Tel.: 981 080 331

correo: cidadaniaeuropeaengalicia@gmail.com

www.facebook.com/concursocidadaniaeuropeaengalicia