CAMPAMENTOS VERÁN XUNTA DE GALICIA

As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diversas quendas de entre oito e doce días de duración (quince días no intercambio en Cantabria) durante os meses de xullo, agosto e setembro.

IDADES: dos 9 ao 17 anos empadroados/as en calquer concello de Galicia

Pódese escoller o campamento que se queira en función da idade e das actividades que se leven a cabo nel: actividades diversas que van desde a náutica, deportiva, ambiental, artística, patrimonial vinculada ao o Camiño de Santiago, científica, agrícola, etc.

A publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia está prevista para o día 17 de abril

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio

Forma de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:sede.xunta.gal

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.

Consulta aquí toda a información dos campamentos, tanto dos que se programan en Galicia como das opcións para galegos/as noutras comunidades autónomas.

FOLLETO INFORMATIVO

Máis información: