Concurso de Cómic “Universo Goya”

Convoca: Museo Goya de Fundación Ibercaja destinado ao fomento do coñecemento entre a mocidade da traxectoria e obra do xenial pintor aragonés.

Inscricións : ata o 23/06/2023

  • Concurso dirixido a mozos de 18 a 30 anos (cumpridos ao 31 de decembro de 2023), nados ou residentes en España.
  • Cada autor ou autores poderán presentar un máximo de 2 traballos e as obras presentadas deberán ser orixinais e inéditas.
  • Non poderán presentarse os autores que fosen premiados na convocatoria anterior deste Premio.
  • Tema e técnica serán libres, aínda que o eixe central será a vida e traxectoria artística de Goya. Deberán ser historias completas, autoconclusivas e realizadas entre 2 e 4 páxinas a unha soa cara, en branco e negro ou cor, formato vertical e en castelán. As páxinas non poderán ter un tamaño superior a 28 x 44 cm.
  • Non se aceptarán obras que fomenten a discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social, nin a presenza de marcas comerciais de ningún tipo no contido.

Premios:

1º premio: 1.500 €

2º premio: 1.000 €

Cada premio implicará a edición do cómic, dos que 20 exemplares entregaranse a cada autor.

Informa:

www.fundacionibercaja.es

Museo Goya Fundación Ibercaja

Espoz y Mina, 23 (50003 – Zaragoza)

Tel.: 976 397 387

correo-e: culturafundacion@fundacionibercaja.es