Convoca: Fundación Galicia Europa
Dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Solicitudes: ata o 15/06/2023
Duración: 12 meses
Importe bruto da bolsa: 16.200 €
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea.
- Ser natural de Galicia, ser fillo/filla de galegos ou acreditar o nivel B2 nalgunha das linguas oficiais de Galicia e a residencia en Galicia polo menos desde os dous anos anteriores á publicación da convocatoria, mediante empadroamento.
- Posuír o título universitario oficial de grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalente. Os estudos conducentes á obtención do título deberán terse rematado dentro dos seis anos anteriores ao da publicación da convocatoria.
- Posuír un nivel B2 ou superior en lingua inglesa.
- Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa da FGE en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior fose chamado da listaxe de suplentes e desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a 3 meses.
Informa: https://fundaciongaliciaeuropa.eu
Fundación Galicia Europa
Rúa Hórreo, nº 61. 15701 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 54 10 12
Correo: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu // bruselas@fundaciongaliciaeuropa.eu
Publicación: DOG 15/05/2023