National Geographic e RBA Libros convocan a 4ª edición do Concurso de Redacción Xornalística para Mocidade sobre o tema da biodiversidade da Terra e a necesidade de protexer a súa flora e a súa fauna.
Solicitudes: ata o 18/06/2023
- Poderán participar mozos e mozas de entre 14 a 25 anos, ambos incluídos, dentro das seguintes categorías:
- – Explorador 1: alumnado de 3º e 4º ESO
- – Explorador 2: alumnado de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio.
- – Explorador 3: mozos e mozas de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou centros de estudos de grao superior (ou que completasen un grao en universidade ou centro de estudos de grao superior nos últimos 3 anos).
- Os estudantes que queiran participar deberán escribir, de forma individual, un editorial xornalístico co tema “PROTEXAMOS A BIODIVERSIDADE”: un texto no que se analicen e expresen de maneira razoada algún ou algúns retos aos que se enfrontan os e mozas mozos na súa relación co planeta, e propoñan solucións
- O editorial deberá ter un titular e un texto en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables
- Cada estudante poderá participar cun único traballo e non se poderán presentar traballos en grupo.
Premios:
- O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de setembro e decembro de 2023.
- Os gañadores/as dos 3 mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta durante un ano á revista National Geographic España e un lote de libros de RBA (valorado en 100 €)
- Os 15 mellores traballos de cada categoría, incluídos os 3 gañadores, publicaranse na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2023
Informa: www.nationalgeographic.com
National Geographic España
correo: nationalweb@rba.es