content top

Préstamos Erasmus para estudar un Máster no estranxeiro...

Préstamos Erasmus para estudar un Máster no estranxeiro
Os estudantes de educación superior a nivel de máster que desexan completar un programa de estudo completo noutro país do programa poden solicitar un préstamo garantido pola UE para contribuír aos seus custos.Os bancos participantes e as axencias de préstamos estudantís ofrecen préstamos en condicións favorables para a mobilidade dos estudantes e inclúen taxas de interese mellores que as do mercado e ata dous anos para permitir aos graduados ingresar nun traballo antes de comezar o pago. Os préstamos son de ata 12.000 € para un programa Master de 1 ano e ata 18.000 € para un Master de ata 2 anos e poden cubrir os custos de vida, matrícula e outros custos de estudo en calquera dos 33 países do programa Erasmus + Máis información:...

Bolsas e axudas online Santander Universidades...

Bolsas e axudas online Santander Universidades
A convocatoria #YoMeQuedoEnCasa do Banco Santander apoia aos estudantes e graduados universitarios no desenvolvemento daquelas competencias, dixitais, idiomas e softskills que melloren a súa empregabilidade futura. Ademais facilita aos profesores universitarios a actividade académica nunha contorna máis dixital. 2.500 bolsas “Santander IE Online Learning Journey for Learners”, dirixidas a graduados, posgraduados e estudantes de 14 países.5.000 bolsas do proxecto “Santander IE Best Practices in Dixital Education for Teachers” dirixidas a profesores. Outra prioridade é a formación en idiomas. Por iso, a iniciativa #YoMeQuedoEnCasa incorpora un acordo co British Council para que os estudantes e mozos graduados poidan certificar de forma oficial o seu nivel de idioma....

Axudas para o Carné de Conducir B e C

Axudas para o Carné de Conducir B e C
A Xunta de Galicia convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia Contía:O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C. Requisitos das persoas solicitantes:– Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C. – Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.– Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.– Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude. Obrigas das persoas beneficiarias:– Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo. As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321AO prazo para presentar solicitudes estará aberto do día 10 de marzo ata o día 31 de xullo de 2020, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito orzamentario dispoñible. Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020 Consulta o folleto...

Iniciativa Xove 2020

Iniciativa Xove 2020
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca o programa Iniciativa Xove que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2020, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas. Áreas de atención prioritaria:a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.c) Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.f) Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector TIC.g) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.h) Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.j) Dinamización da lingua galega entre a mocidade. Destinatarios/as:a) Os grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten sexa diferente do que presenten, se é o caso, as asociacións xuvenís ou entidades prestadoras que formen parte da federación. Proxectos:Os proxectos deberán levarse a cabo no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.Só se poderá presentar un proxecto por solicitante e o seu orzamento total non poderá ser superior a 5.000 €. Considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á natureza do proxecto presentado, resulten estritamente necesarios para levalo a cabo e financien actividades realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2020. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 10 de marzo de 2020.Solicitudes:  https://sede.xunta.es co procedemento BS306B.Máis información no DOG do 10 de febreiro de 2020 e en...

Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura...

Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura
Programas de Bolsas MAEC-AECID de Arte, Educación e Cultura Bolsas para a Real Academia de España en Roma Programa de bolsas de formación en xestión cultural e diplomacia científica na rede exterior de representacións diplomáticas, centros culturais de España e na  AECID Bolsas de formación en cooperación para o desenvolvemento nos Centros de Formación da Cooperación Española en América Latina Bolsas para o Colexio de Europa (Campus de Bruxas-Bélxica e  Natolín-Polonia) Bolsas de formación musical de excelencia na Escola Superior de Música Raíña Sofía (ESMRS) Máis información no BOE do 24 de decembro de 2019 e en www.aecid.gob.es e www.raer.it...

Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda...

Axuda á mocidade para o alugamento de vivenda
A Xunta de Galicia convoca axudas á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente Requisitos específicos: a) Ser titular ou estar en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral. b) Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude desta axuda. Requisitos comúns: a) A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española; no caso de que sexa estranxeira, deberá ter a residencia legal en España. b) Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente da persoa beneficiaria durante todo o período polo que se conceda a axuda. c) Que a renda mensual da vivenda que teñen alugada ou vaian alugar non supere estos importes: d) Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. ( IPREM mensual: 537,84 euros/mes). Este límite será de 4 veces o IPREM se a unidade de convivencia é unha familia numerosa de categoría xeral ou ten persoas cunha discapacidade distinta das sinaladas a continuación. O límite será de cinco 5 veces o IPREM cando a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con algún dos seguintes tipos de discapacidade: – Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %. – Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %. e) Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,7 veces o IPREM. f) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. O importe da axuda será do 50% da renda mensual. As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.gal co formulario VI432A. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xullo de 2018. Máis información no DOG do 28 de xuño de 2018 e en...

Subvencións a asociacións xuvenís de ámbito estatal...

Subvencións a asociacións xuvenís de ámbito estatal
O Instituto da Mocidade convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal, para o ano 2018. Beneficiarios: Entidades e organizacións de carácter non gobernamental que estean legalmente constituídas e no seu caso, debidamente inscritas no correspondente Rexistro administrativo de ámbito estatal como: a) Asociacións xuvenís, Federacións ou Confederacións de Asociacións Xuvenís. b) Seccións Xuvenís de entidades sociais ou organizacións non gobernamentais, integradas polos membros novos da entidade, que teñan recoñecidos nos seus Estatutos autonomía funcional, organización e goberno propio para os asuntos especificamente xuvenís. c) Entidades prestadoras de servizos á mocidade, dedicadas con carácter exclusivo á realización de actividades en favor da mocidade segundo previsión expresa nos seus Estatutos. As entidades e organizacións non gobernamentais deberán reunir entre outros, os seguintes requisitos: – Ter ámbito de actuación estatal segundo os seus Estatutos. En atención ás súas especiais circunstancias, poderán participar na presente convocatoria as entidades ou organizacións non gobernamentais cuxo ámbito territorial de actuación sexan Ceuta e Melilla. – Acreditar  documentalmente ter sede aberta e en funcionamento no ámbito de varias Comunidades Autónomas. Finalidade: Fomentar o movemento asociativo xuvenil de ámbito estatal contribuíndo ao mantemento e funcionamento das sedes e infraestruturas centrais das asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 19 de xullo de 2018. Máis información no BOE do 21 de xuño de 2018 e...

Axudas programa Iniciativa Xove

Axudas programa Iniciativa Xove
  O programa Iniciativa Xove consiste en axudas económicas de ata 5.000 €  para proxectos realizados do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2018. Convoca: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Xunta de Galicia Destinatarios/as: a) Os grupos informais de mozos/as de 18 a 30 anos ( mímo 5 e máximo 8 componentes) b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. Prazo solicitudes aberto ata o 18 de xuño de 2018. Toda a info. en en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores:...

« Entradas antigas