content top

X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero...

X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero
O IES San Clemente organiza o X Concurso Europeo de Marcapáxinas Ricardo Carvalho Calero . Pode participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020 – Ricardo Carvalho Calero O prazo de admisión será até o 6 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios. Bases do concurso: 10º Concurso Europeo de...

Concurso Youtubeir@s 2020

Concurso Youtubeir@s 2020
Nova edición do programa Youtubeir@s. Descarga as bases na web https://youtubeiras.gal/ Youtubeir@s ten como obxectivo promover e visibilizar o uso do galego a través da rede social de vídeos máis grande do mercado dixital, Youtube, con vídeos de diversos temas e canles. O arranque desta nova edición, por mor do confinamento, está centrada na parte máis virtual do proxecto co propósito de canalizar a vitalidade creativa que se está a xerar. Por iso, as entidades organizadoras acordan publicar as bases do concurso antes de iniciar o prazo de participación – que será a partir do 27 de maio próximo- para que se coñezan as condicións que deberán reunir os vídeos e as canles e poder optar a algún dos...

Canto sabes de cinema europeo?

Canto sabes de cinema europeo?
Podes particpar no concurso “Canto sabes sobre películas europeas?” ata o 30 de abril de 2020 Todas as persoas maiores de idade con residencia permanente na Unión Europea poden responder o cuestionario e sumar puntos extra seguindo a @MEDIAprogEU en Twitter e a @CreativeEuropeEU en Facebook. Premio:Haberá dez premios consistentes nun billete de ida e volta e dúas noites de aloxamento na cidade francesa durante a celebración do Festival de Cinema. Así mesmo, poderán participar en actividades con profesionais, asistir a proxeccións e acceder ás instalacións nas que ten lugar o encontro. Prazo: A participación estará aberta ata o 30 de abril de 2020....

Concurso”Crea na Casa”

Concurso”Crea na Casa”
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia convoca o concurso “Crea na casa” que se desenvolverá a través da rede social Instagram.Destinatarias/os:  persoas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos e seguidores de @Xuventudegalicia As persoas participantes publicarán unha fotografía que mostre a súa creatividade na casa durante os días de confinamento (exemplos: pratos de cociña, música, danza ou calquera disciplina creativa pero plasmada a través da fotografía Premio:  teléfono Xiaomi Redmi Note 8T Datas de realización:  do 13 ao 27 de abril de 2020 http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18667-concurso-crea-na-casa...

Certame fotográfico Memoria dun confinamento”...

Certame fotográfico Memoria dun confinamento”
Certame fotográfico ‘Memoria dun confinamento. Pontevedra 2020’ trátase dunha iniciativa coa que se pretende conxugar tres aspectos: a posta en valor da arte, a participación activa da veciñanza, e a execepcionalidade do día a día que se está a vivir. Información e inscrición en...

Pontenciencia: Feira da Miniciencia

Pontenciencia: Feira da Miniciencia
Pontenciencia é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público. Data: venres 1 e sábado 2 de xuño Lugar: Escola de Enxeñería Forestal e Facultade de CC.Socias do Campus de Pontevedra Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria. Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia. Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade. As modalidades de participación dos alumnos/as dos CEIP/CEP/CEE/ CPR do concello de Pontevedra son Ciencia no Cole ou Ciencia en Familia. Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partir das propostas realizadas por un comité científico universitario ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares. Farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores. Ver Programa completo Programa...

Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo...

Certame de Fotografía Ambiental do Concello de Arteixo
O concello de Arteixo convoca o XVI Certame de Fotografía Ambiental. O obxecto do certame será a realización de fotografías que promovan a reciclaxe e unha xestión responsable dos residuos no Concello de Arteixo. Poderán participar no certame todas aquelas persoas que o desexen, podendo presentar dúas fotografías por concursante, como máximo. As fotografías presentaranse obrigatoriamente en papel fotográfico, cun tamaño mínimo de 20×25 cm. e máximo de 30×40 cm. e irán centradas e montadas sobre unha cartolina de 40×50 cm. branca ou negra. Queda a libre elección dos participantes o tipo de técnica a empregar (analóxica ou dixital) e a modalidade branco e negro ou cor. Así mesmo, deberase achegar unha copia nun CD, en formato JPEG, PNG ou TIFF, da fotografía cunha resolución mínima de 200 ppp e tamaño mínimo 800×600 px. Se algunha das fotografías presentadas recollera primeiros planos, deberase, con carácter xustificativo, presentar unha fotografía dixital anexa (JPEG, PNG ou TIFF), cunha vista o suficientemente ampla onde se recolla o primeiro plano e no que se constate que foi tomada no Concello de Arteixo. Premios: 1º Premio Xeral: 500,00 € 2º Premio Xeral: 400,00 € 3º Premio Xeral: 300,00 € Premio ao Millor Fotógrafo Local: 300 € (persoas empadroadas sen límite de idade) Premios ao Millor Fotógrafo Local Xoven: 300 € (persoas empadroadas menores de 16 anos) O prazo para participar está aberto ata o 22 de xuño de 2018. O enderezo de recepción é o seguinte: “XVI Certame de Fotografía Ambiental” Departamento de Medio Ambiente. Travesía de Arteixo, 243 – 1º 15142 Arteixo ( A Coruña) Máis info. no BOP da Coruña do 9 de abril de 2018 e na OMIX do Concello de Arteixo, tel. 981 602...

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO...

PONTEVEDRA BUSCA NOVOS TALENTOS PARA QUE SUBAN AO PALCO
“Sube ao Palco” é un proxecto para dar visibilidade ao talento á vez que se recupera o uso don espazo aparcado durante anos: o Palco da Música. Música, teatro, danza, artes plásticas, audiovisuais, poesía, performance, moda, … Quen queira poñer a proba o seu proxecto poderá solicitar a súa participación que, para obter máis visibilidade e dispoñer de medios técnicos, será incluida dentro da programación. Seguimos a crer con forza na efervescencia creativa da nosa cidade, sabemos que é un gran valor que nos identifica e queremos que todas e todos teñades a posibilidade de gozar dela. Se tes entre 12 e 35 anos e un proxecto creativo, podes participar inscribindo o teu proxecto dende o luns 12 de marzo ata o venres 13 de abril de 2018. Non o deixes para o último día e preséntate para que a cidade poida gozar da túa arte! pontevedra.gal/sube-ao-palco/  ...

« Entradas antigas