A Escola Feminista é un espazo activo de formación, encontro e reflexión colectiva con perspectivafeminista dirixida preferentemente á mocidade de 15 a 35 anos, mais tamén (para algunhas das accións) a outros grupos de idade.
A Escola Feminista forma axentes educativos para a promoción da igualdade e a prevención das violencias machistas.
Apúntateás nosas actividades:
Circulo
Círculo de mimos
Espazo de encontro para xestión emocional e autocoidado, con dúas facilitadoras. Terá lugar un luns ao mes e con posibilidade de seguimento emocional telefónico. Ven a compartir.
Obradoiro de análise dos machismos e violencias soterradas nas novas tecnoloxías (sexting,control redes, GPS...).
Campaña de empoderamento contra estes controis en redes sociais.
Reconstrución retrospectiva e cronolóxica do feminismo como tradición intelectual e movemento social. Trátase de explicar 3 séculos de historia do feminismo e dos diferentes feminismos a grandes trazos para poder ter unha visión global da nosa xenealoxía.