content top
PLAN VEREA acompañamento en  novas iniciativas empresariais

PLAN VEREA acompañamento en novas iniciativas empresariais

Convoca: Concellaria de Promoción Econónica do Concello de Pontevedra

Onde me informo ?na “Casa da Luz” , praza da Verdura.

Verea é un programa activo de desenvolvemento de capacidades innovadoras e de evolución empresarial  dirixido a 20 empresas ou persoas emprendedoras que queiran identificar as súas problemáticas ou oportunidades e estén motivadas a cambiar.

Ao longo de 4 meses traballaranse as inquietudes empresariais, estabrecendo unha folla de ruta individual para cumprir cos obxectivos marcados. Facer camiño con cada empresa.

O plan é de 4 meses de duración. A participación é de 20 empresas/persoas emprendedoras. O período de  inscrición e selección da primeira edición comezará en febreiro e o prazo de traballo coas empresas durará de marzo ata xuño.

Visitar Ligazón