Cursos co obxectivo de aprender unha serie de comportamentos e disciplina adecuado ás circunstancias e entorno que nos rodea para chegar a ser un “bo cidadán canino”.
CONTIDOS DO CURSO
- Aceptar unha persoa descoñecida
- Saudar, sentado-a, a unha persoa descoñecida
- Apariencia e hixiene
- Camiñar xuntos
- Pasear entre persoas
- Sentarse, parar e tumbarse
- Resposta á chamada
- Relación con outros cans ou cadelas
- Reacción ante distraccións
- Separación supervisada
REQUISITOS
- Estar censados no concello de Pontevedra.
- O can debe ter entre 2 meses e 3 anos
- Non ser un CPP (can potencialmente perigoso)
- Ter a cartilla sanitaria ao día (vacinación e desparasitación).
- Estar en posesión do microchip.
- Superar unha entrevista previa, de valoración da conduta
Solicitudes en https://apuntate.pontevedra.gal/cursos-para-a-boa-cidadania-canina/