Conciliaverán 2022 para nenos/as de 3 a 12 anos

Conciliaverán é un programa para facilitar a conciliación laboral e a atención aos fillos que se desenvolve en época estival, organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centos Públicos de Pontevedra, entidade sen ánimo de lucro do sector educativo e membro da comunidade escolar en colaboración coa Concellaría de Educación do Concello de Pontevedra, destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos (infantil e primaria) e que cubre todo o período de vacacións escolares, de xuño a setembro.

Para Secundaria ofreceran o campamento deportivo no mes xullo (información pendente)

Solicitudes do 23 ao 27 de maio ( presenciais ou telemáticas)

DATAS

  • Períodos especiais do 23 ao 30 de xuño e en setembro do 1 ao 7 de setembro só en Campolongo.
  • Quendas quincenais de xullo e agosto en Marcos da Portela, Crespo Rivas (infantil), Campolongo, Vilaverde, Álvarez Limeses, Manuel Vidal Portela (inglés) e Xunqueira 2 (deportiva, só primaria).
  • Quendas mensuais de xullo e agosto en Cabanas, Ponte Sampaio e Parada-Campañó. Na Carballeira e Xeve só durante xullo.

HORARIO

A actividade cobre de luns a venres de 9.00 e as 14.00 horas, e dispón de horario ampliado de entrada a partir das 8.30 h e de recollida ata as 14.30 horas, sen custo engadido.

Tamén conta con servizo Madruga e de Comedor escolar

Toda a información na web da Fanpa https://www.nontedurmas.org/