A asociación AGADEA Alzhéimer convoca o II Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer.
Inscricións: ata o 01/07/2023
REQUISITOS:
- Ser maior de idade.
- O idioma das obras presentadas será o galego.
- O núcleo temático da obra será a enfermidade do Alzheimer e outras doenzas próximas de deterioración cognitiva, así como todos os elementos que xiran arredor delas.
- Os textos deberán ser orixinais, estaren inéditos e poderán pertencer a calquera dos seguintes xéneros propios da literatura infantil: novela, poesía, teatro, álbum ilustrado e novela gráfica.
Premio único de 3.000 €
Informa:
AGADEA
Agadea
Rúa de Salgueiriños de Abaixo, nº 15
15704 – Santiago de Compostela
Tel: 981 595 738
Correo: agadea@agadea.org