Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Convoca: Concello de Carballo

Inscricións ata o 10/04/2023

  • As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.
  • Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes.
  • As fotografías non poderán ter sido presentadas con anterioridade a este concurso nin ter gañado ningún premio noutros concursos ou certames.
  • As dimensións da obra fotográfica estarán comprendidas entre 25 x 35 cm como mínimo e 40 x 50 cm como máximo.
  • Presentaranse montadas sobre cartón pluma ou soporte similar ríxido (cun grosor mínimo de 3 mm).
  • Cada fotografía deberá vir acompañada ou ben do negativo ou ben do soporte informático en formato JPEG ou TIFF da obra presentada.

1º Premio: 1.500 € e diploma.

2º Premio: 750 € e diploma, patrocinado pola Fundación Luis Calvo Sanz.

Premio Especial Carballo á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos: 500 € e diploma.

O xurado poderá conceder accésits por un importe total de 300 €.

Informa:

Concello de Carballo -Pazo da Cultura

Rúa do Pan s/n

15100 – Carballo (A Coruña)

Tel: 981 704 300

Correo: cultura@carballo.gal

Publicación: BOP 20/02/2023