Mo_cidade, o congreso da xuventude galega

Organiza: Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia do 23 ao 26 de marzo na Coruña, a terceira edición de Mo_cidade, o congreso da xuventude galega que aúna formación, creatividade, emprendemento, cultura e lecer e que permitirá establecer sinerxías, compartir experiencias, proxectos ou ideas, e fomentar a participación e o diálogo entre o público asistente.

A inscrición no evento, totalmente gratuíta, dará acceso a todas as mesas redondas, charlas e dinámicas do evento, ás actuacións musicais, así como ao aloxamento (incluíndo con este almorzo e
cea) durante os días do encontro.

Ademais, o evento contará cunha zona de networking e formación e cunha zona expositiva con stands de diferentes entidades, asociacións xuvenís e de voluntariado.

Consulta aquí o programa completo do encontro

PROGRAMA COMPLETO

Datas de realización: do 23 ao 26 de marzo de 2023.

Lugar de realización: Palexco (A Coruña).

Aloxamento: Complexo Xuvenil As Mariñas (Bergondo), en dormitorios compartidos.

Destinatarios: mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos de idade (incluídos) e persoal técnico do sector do ocio educativo e tempo libre.

Prazas ofertadas para a mocidade: 300.

Prazo de inscrición para a mocidade: do 1 ao 15 de marzo.

Inscrición para a mocidade: será en liña a través deste formulario electrónico.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Procedemento de adxudicación de prazas: as prazas asignaranse por estrita orde de inscrición.

A confirmación da praza farase por correo electrónico no prazo máximo de tres días hábiles tras realizar a inscrición. Unha vez confirmada a praza, e tal e como se indique na comunicación de confirmación, haberá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico:

  • Fotocopia escaneada do DNI/NIE.

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas establecerase unha lista de agarda por orde de entrada.

A ausencia de datos, que estes sexan erróneos, enviar mal a documentación ou non enviala, ocasionará a baixa automática do encontro e as prazas quedarán dispoñibles para as persoas en lista de agarda.

As persoas admitidas que por calquera motivo non poidan finalmente asistir ao encontro deberán comunicalo a través dun correo electrónico (xuventur@xunta.gal) cunha antelación mínima de catro días naturais á data de inicio do evento, co fin de poder asignar as prazas vacantes aos solicitantes da lista de agarda. De non facelo así quedarán excluídas da participación en sucesivas edicións deste encontro e nos demais que poña en marcha a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Transporte: a organización poñerá a disposición das persoas inscritas autobuses para desprazarse entre o aloxamento incluído neste evento e o Palexco. O traslado entre a localidade de domicilio á
Coruña será por conta das persoas inscritas.

Acreditación: o acceso a todas as actividades do encontro esixe que a persoa moza participante se acredite, como hora límite, ás 10:00 horas do sábado 25 de marzo de 2023. Deste xeito, o horario de acreditación para a mocidade, e tal e como se reflicte no programa, abrirase o venres in situ no evento ás 16:30 horas e finalizará o sábado ás 10:00 horas. De non presentarse neste horario e, salvo causa xustificada, a persoa quedará excluída das actividades programadas.

Máis información: xuventur@xunta.gal