Residencias artísticas Paraíso

Aberta convocatoria anual de “Residencias Paraíso”, programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións co-produtoras do programa, Concello de Santiago, Concello da Coruña, Concello de Lugo, Concello de Ferrol, Vicereitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da UDC, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Fundación Cidade da Cultura.

Esta nova edición do programa acollerá ata 8 proxectos en residencia cun importe total de 20.000 €

Información en https://www.colectivorpm.gal/residenciasparaiso