Intercambio Xuvenil en Grecia

A entidade Ticket2Europe anda a procura de 5 participantes para o intercambio xuvenil “Vision in Action”, do 26 de agosto ao 3 de setembro, en Argos (Grecia).

O proxecto centrase no ámbito do emprendimento social.

Para poder participar , deberás facerte socio/a deTicket2Europe, ter entre 18 a 30 anos (para a praza de team leader non hai límite de edade) e residir legalmente en España.

O proxecto está subvencionado pola Comisión Europea a través do programa Erasmus+, polo que cubriranse os gastos de aloxamento, manutención e reembolsaranse os gastos de transporte (ata un máximo de 330 euros).

Para poder participar debes enviar a túa application form antes do 15 de xuño.

Podes atopar información do proxecto neste enlace.