Bolseiros/as para estadías en cooperativas

A Unión de cooperativas EspazoCoop inicia proceso de selección de persoas bolseiras no marco do programa “Creando Mellora”.

Convocatoria dirixida preferentemente a mulleres en desemprego de ata trinta anos con estudos na área empresarial.

Son catro bolsas nas localidades de Vigo, Santiago de Compostela, A Coruña e Pontevedra para realizar unha estadía en prácticas nunha cooperativa galega durante 5 meses.

As bolsas están dotadas dunha axuda mensual de 700 €

Sinalar que como parte do proceso de selección (previo á Estadía), as candidatas pre-seleccionadas terán que realizar un curso de formación cooperativa, previsto do 1 ao 17 de Abril de 20 h. en modalidade semi-presencial (con só 1 sesión presencial en Santiago o 1 de abril, e 3 sesións virtuais).

  • Accede á Convocatoria 2022 (10ª edición) de “Creando Mellora” neste enlace
  • Formulario de solicitude neste enlace
  • Cartel informativo preme aquí

Información: Unión de Cooperativas EspazoCoop | 986 866 149 – roberto@espazo.coop | de luns a venres de 9-14 h.