Proxecto ICEX Vives. Prácticas formativas no estranxeiro

Duración: 6 e 12 meses, prorrogables ata un máximo de 12 meses . En todo caso, deberán finalizar antes do 31 de decembro de 2024

Requisitos:

  • Estar en posesión da nacionalidade dalgún dos Estados membros da UE e ser residentes en España
  • Idade: 18-30 anos no momento da solicitude da axuda
  • Estar en posesión dunha titulación universitaria de grao e/ou de máster, ou de formación profesional media ou superior
  • Non gozar doutras axudas para a mesma finalidade doutros programas de bolsas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de Organismos Internacionais
  • Non ter antecedentes penais nin condena en firme
  • Non ter ningún vínculo laboral previo coa empresa na que se realizará a práctica formativa
  • Aceptar unha oferta de prácticas formativas non laborais dunha empresa participante no Proxecto ICEX Vives

Remuneración:

  • As prácticas que realizarán en empresas españolas que conten con actividade comercial ou produtiva no exterior realizaranse fóra de España.
  • Dotación económica en función da cidade/país de destino, entre 21.700 euros e 50.000 € ao ano

Informa:

www.icex.es

correo: informacion@icex.es

ICEX España Exportación e Investimentos

Paseo de la Castellana, 278 (28046 – Madrid)

Tel. 913 49 71 00

Publicación: BOE 17/12/2022