Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo, curso 2023-2024

Axudas dirixidas ao alumnado que presenta unha necesidade específica de apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista ou altas capacidades.

Solicitudes: do 08/05/2023 ata o 20/09/2023

  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2022. Excepcionalmente, poderán concederse axudas a alumnos menores de dous anos sempre que os equipos correspondentes certifiquen a necesidade de escolarización máis temperá por razón das características da discapacidade.
  • Alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
  • Alumnado que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais. Poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
  • Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, Ensinos artísticos profesionais, Ciclos Formativos de Grao Básico, Programas de formación para a transición á vida adulta ou Outros programas formativos de formación profesional.
  • Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades intelectuais poderán obter a axuda haberán de ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2023 e estar a cursar algún dos seguintes niveis educativos: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior ou Ensinos artísticos profesionais.
  • Para obter os subsidios requirirase ser membro de familia numerosa de calquera categoría.

Compoñentes das axudas e contías:

  • Ensino: ata 862,00 euros
  • Transporte interurbano: ata 617,00 euros
  • Comedor escolar: ata 574,00 euros
  • Residencia escolar: ata 1.795,00 euros
  • Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros
  • Transporte urbano: ata 308,00 euros
  • Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino postobrigatorio: ata 204,00 euros
  • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas
  • Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros
  • Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros

Informa: www.becaseducacion.gob.es

Ministerio de Educación e Formación Profesional

Rúa Los Madrazo, 15. Madrid

Teléfono: 910 837 937

Unidade de Bolsas A Coruña

Rúa Vicente Ferrer, 2, 9º. Edificio Administrativo de Monelos. 15008 A Coruña

Tel. 981 18 47 41

E-mail: bolsas.ed.co@xunta.gal

Publicación: BOE 26/04/2023