Queres aprender a deseñar carteis?

A Biblioteca Pública de Pontevedra imparte obradoiro on line de deseño gráfico de carteis para persoas adultas Datas : 10 ao 17 de marzo Horario: 18.30 a 20.30 h. Inscrición na web https://bibliotecas.xunta.gal/pontevedra/gl Biblioteca Pública de PontevedraRúa Alfonso XIII, núm.336002 Pontevedra Teléfono: 886 159 250  Correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal

Voluntariado Cruz Vermella Xuventude

Queres realizar voluntariado en diversas actividades con persoas menores do concello de Pontevedra? Cruz Vermella Xuventude precisa voluntariado de 18 a 35 anos para os seus proxectos de voluntariado na cidade. Recibirás formación e impartir obradoiros en centros educativos, participar en ludotecas e campamentos e tamén participar en actividades con menores hospitalizados. Infórmate en : … Ler máis

Curso “Promoción da Igualdade efectiva entre homes e mulleres”

Curso con Certificado de Profesionalidade para analizar as situacións de desigualdade de xénero e as consecuencias que ten para a comunidade. Estúdanse os recursos e as actividades para acadar a igualdade entre homes e mulleres.No curso diséñanse campañas de sensibilización, elaboración de material de difusión (folletos, carteis, etc.), diseño de proxectos de prevención da violencia … Ler máis

Obradoiro “Intelixencia Emocional para os novos tempos”

Obradoiro do Programa formativo “Pisando Forte 2021” Manexa as túas emocións de xeito positivo, profundizando no mundo emocional e nas habilidades de vida e benestar Intelixencia emocional nos momentos de cambio e incertidume Xestión da calma. Identifica, regula e xestiona as túas emocións Prazas: 15 Idades: 15-35 anos (preferentemente) Preferencia residentes no Concello de Pontevedra … Ler máis

Almorzo Cooperativo Virtual gratuíto (Axudas ao cooperativismo 2021)

Data: venres 5 de marzo Hora: 9.30 a 11.30 h. Almorzo Cooperativo Virtual gratuíto (previa inscrición) sobre as Liñas de Axudas do Programa Aprol Economía Social 2021 convocado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, destinadas a cooperativas e sociedades laborais e ás persoas en desemprego de proxectos pre-cooperativos e preconstituíntes deste … Ler máis

Queres ser embaixador/a do pacto Climático?

Calquera persoa pode crear conciencia, informar e converterse nunha inspiración para que as súas comunidades e redes actúen por unha Europa máis verde. Cal é o papel do/a embaixador/a?– Comunicarte con persoas que aínda non están involucradas na acción climática pero que poderían desempeñar o seu papel.– Informar, inspirar, participar e apoiar a acción climática … Ler máis

Concurso “Lingua de namorar 2021”

Concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido á mocidade de 14 a 35 anos. Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse na páxina do … Ler máis

Obradoiro “Conversas entre iguais sobre agresións sexuais”

Obrdoiro do programa “Escola Feminista da Mocidade 2021” Círculo de conversa con análise teórica Estratexias emocionais para a superación de vivencias Desenvolvemento creativo a través do teatro Prazas: 15 (só mozas. Non mixto) Idades: 15-25 anos Modalidade:  Presencial (de non poder realizarse de maneira presencial, trasladarase á modalidade on line) Duración: 6 horas Data:  sábado 24 … Ler máis

Obradoiro de improvisación oral e regueifa

Obradoiro de improvisación oral e regueifa Imparte: Aurora Redondo, “A Rabela”Data: Sábado 6 de marzo Horario : 1ª Sesión ás 11.30 h , Demostración ás 13 h e 2ª Sesión ás 16.30 h. Información e inscricións en info@trepia.org Organiza “Asociación Trepia”